viernes, 18 de diciembre de 2015

Canción anuncio Lotería Nadal 2015

                     Canción de anuncio de lotería de navidad 2015
 Un ano máis a loterías e apostas do Estado tráenos o seu anuncio sobre o sorteo de nadal que se realizará o 22 de decembro. Este ano é bastante novo xa que está realizado con animación no canto de con actores, simulando personaxes da película "Up". A música que lle acompaña é de piano, que casa de maneira xenial coa historia. A historia preséntanos a Justino, un garda de seguridade dunha fábrica de maniquíes.

 A CANCIÓN DO ANUNCIO 


 O tema elixido para o anuncio deste ano é "Nuvole Bianchi" do compositor e pianista Ludovico Einaudi e arranxada para a ocasión por Joan Martorell. Trátase dun tema armonioso e que serve de fío condutor perfecto da historia do anuncio. Este mesmo tema foi utilizado en películas como "Insidious", "This is England" ou a serie "Derek".

 Ludovico Eunadi naceu en Turín (Italia) en 1955 e é un mestre da música clásica contemporánea. Ademais das películas antes comentadas, tamén participou na famosa película francesa "Intocable".