jueves, 2 de febrero de 2017

"O FORTUNA" de Carmina Burana : Carl Orff



O, Fortuna! pertence á obra Carmina Burana de Carl Orff (1895- 1982).
Orff escribíu a música para 25 poemas, pertencentes aos séculos XIII e XIV, que se atoparon no mosteiro alemán de Beuran, ao sur de Munich. O, Fortuna!, que é o máis coñecido, é o primeiro deles.
Carl Orff compuxo a música, de inspiración medieval, con ampla cantidade de recursos: gran orquestra e coro, con melodías que conteñen fortes cambios de intensidade, impetuosos contrastes tímbricos -vocais e instrumentais-, e un uso destacado de instrumentos de percusión. A obra foi estreada en 1937, en Frankfurt.
Carmina Burana significa literalmente "Cánticos de Beuran" (Carmina en latín significa "cánticos"). Os temas dos poemas son cantos ao amor, á natureza, ao destino (como no caso de O, Fortuna!), á bebida; contén, tamén, danzas dos goliardos e cantos sacros. Todos eles escritos en latín medieval mesturado con alemán antigo e francés. Dise que na Idade Media eran cantados polos goliardos (monxes e estudantes errantes) de aldea en aldea.
Este tema musical foi utilizado como banda sonora de películas, anuncios de televisión, ...



UN POUCO MAIS:
A obra foi encargada por un adiñeirado cliente, tal vez fose un abade ou un bispo. O manuscrito foi confiscado e levado a Munich, onde é coñecido como Codex latinus 46660 na Biblioteca Pública Bávara. En 1847 o bibliotecario J.A. Schmeller publicou os poemas co nome de Carmina Burana.
Perdéronse moitas páxinas, pero aínda quedan máis de 200 poemas sobre xogo e bebida, parodias, blasfemias, e poemas satírico-morais. Están divididos en 35 cancións vagabundas e 131 cancións de amor.
En canto á notación, unhas pezas aparecen con neumas adiastemáticos -notación neumática primitiva-, outras con espazos para escribir despois da notación musical, e outras con notación ben lexible. É curioso observar que os poemas dos Carmina Burana atopados noutros lugares con notación lexible atópanse en manuscritos de música relixiosa...