miércoles, 26 de abril de 2017

Pavana: "belle qui tiens ma vie": Thoinot Arbeau. S. XVI

Esta é unha das pavanas máis famosas do Renacemento. A pavana é unha danza lenta, en compás binario, solemne e elegante e bastante fácil de bailar. Hai varias teorías sobre o seu nome: unhas din que era unha danza que proviña da cidade italianade Padua e de aí chamouse "padovana" e despois "pavana"; outras sosteñen que o seu nome procede de ser unha danza na que os bailaríns se movían orgullosos e maxestuosos coma un "pavo real".

Podedes ver como quedou a interpretación da Pavana nos dous cursos. Foi divertido facer a montaxe, non si?