jueves, 21 de septiembre de 2017

O ALZHÉIMER NON VAI PODER COA MÚSICA

Hoxe, 21 de Setembro celébrase o Día Mundial dos enfermos de Alzheimer. Os neurólogos demostraron que a pesar da dexeneración que provoca esta enfermidade no cerebro, unha gran parte dos enfermos conserva os seus recordos musicais aínda nas fases máis tardías.

Convídovos a ler o artigo de Miguel Ángel Criado na Web Músicantigua.com . Podedes acceder picando na imaxe.

http://www.musicaantigua.com/el-alzheimer-no-puede-con-la-musica/

Os compoñentes do grupo musical "La oreja de Van Gogh" presentaron unha nova versión da canción 'Estoy contigo' coincidindo co Día Internacional do Alzheimer. Trátase dunha composición dedicada a todas aquelas persoas que sofren a enfermidade e aos que lles acompañan.Todos os beneficios que se recaden con ela irán destinados á Fundación Alzheimer España (FAE). Na nova gravación colaboraron tamén Ana Torroja, Andrés Suárez, David Otero, Funambulista, India Martínez, Iván Ferreiro, Maldita Nerea, Melendi, Rozalén e Vanesa Martín.