viernes, 6 de abril de 2018

" Nun mar azul "

Como cada ano, o día 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día de Concienciación do Autismo. 

    Comparto con vos un fermoso videoclip, creado pola Asociación Familias Azuis, cuxo obxectivo é promover a diversidade en todos os ámbitos da vida.




Familias Azuis convida a espallar polas redes sociais este audiovisual de xeito que, entre todos, creemos na web un gran mar azul que convide a sociedade a achegarse ás persoas con TEA (trastorno do espectro autista), facer un esforzo de comunicación e de ruptura de barreiras con elas e apreciar as súas potencialidades.